sábado, 25 de xaneiro de 2020

Pazos Galegos

Estes aloxamentos singulares son unha boa opción para facer turismo rural e coñecer Galicia.

Lendas, contos e poesías situaron aos pazos no centro da cultura galega. A orixe destas construcións remóntase aos castelos e fortalezas medievais. A súa arquitectura é moi característica, con portóns, patio, hórreos, pombais, xardíns e murallas.
Estas casas esténdense ao longo de toda Galicia, aínda que destacan as situadas en catro grandes vales: as históricas Mariñas da Coruña e Betanzos; o fértil val do Salnés; o Val do Ulla, preto da cidade de Santiago de Compostela; e o Val do Fragoso, na zona sur de Galicia. Tamén podemos atopar algúns nos pequenos vales da comarca de Ourense.
Unha bonita contorna natural envolve aos pazos, en cuxos xardíns apreciamos estanques e fontes entre árbores centenarias e coidadas arbustos.
Se vas realizar o Camiño de Santiago, se es un amante da natureza ou se apostas por un turismo alternativo sen renunciar á comodidade e a un equilibrio razoable entre a calidade e o prezo dos servizos ofrecidos, estas construcións dos séculos  XVII e  XVIII son unha opción ideal para aloxarche.
https://www.spain.info/es/reportajes/vivir_en_palacios_pazos_gallegos.html
O meu comentario:

Os pazos, unhas estruturas dunha fama inferior a outras cousas propias de Galicia, pero que igualmente bastante característica. A palabra pazo, de feito buscada na famosa wikipedia fai directamente referencia a unha estrutura concretamente galega. Aínda que non son un usuario habitual das visitas a pazos, algunha vez visitei algún e, sinceramente, parécenme lugares moi bonitos que manteñen un pouco a esencia histórica e rústica da nosa terra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario