martes, 14 de xaneiro de 2020

Libro


Coca, farlopa, perico, merca, Fariña.Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora pareza un pesadelo afastado, nos anos 90 o 80 por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con minuciosidade esta paisaxe criminal. Fariña inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día.
https://www.casadellibro.com/libro-faria-historia-e-indiscreciones-del-narcotrafico-en-galicia/9788416001460/2598167 O meu comentario:
Fariña, o nome que se lle da para falar mais encubertamente a esa substancia que a maioría de nos coñece de oídas, a cocaína. Este libro, así como a adaptación (da que falarei outro dia) na televisión, paréceme un gran acto por parte do autor xa que, a pesar de non ser una cousa da que estar orgulloso, si que me parece que o feito de recoñecer que existiu e existe iso na nosa comunidade e todo un feito de valentía. Toda unha obra a verdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario