domingo, 12 de xaneiro de 2020

Mar

A costa peninsular galega conta con 1.498 quilómetros distribuídos da seguinte maneira: 144 km na provincia de Lugo, 956 km na provincia da Coruña e 398 km na provincia de Pontevedra (exclúense desta medición as illas e illotes pertencentes á comunidade galega). O litoral galego ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpado ou con descensos pouco suaves. Alternan lugares con características diferentes, como Corrubedo nas Rías Baixas ou a Rasa Cantábrica na Mariña de Lugo: o primeiro, un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e o segundo, unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal.
https://es.wikipedia.org/wiki/Geograf%C3%ADa_de_Galicia

O meu comentario:

A costa galega. Un océano inmenso que se abre ante os ollos de moitos de nos, pero que non todos sabemos apreciar. Tras varios anos vivindo preto dela, podo dicir, sen lugar a dubidas, que e un moi bonito lugar, as distintas covas e tipos de praias que se estenden ao redor de Galicia, cun mar precioso aínda que frío. Creo que as costas desta comunidade son dignas de ver, e, se calquera dia se ten tempo, pasar unha tarde ou unha maña nelas, aproveitando as vistas e as augas deste fermoso lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario