sábado, 11 de xaneiro de 2020

Monicreques

Un novo festival naceu en Galicia, concretamente na poboación de Teo, preto de Santiago de Compostela, que dedica a súa primeira edición ao patrimonio ibérico dos monicreques tradicionais. O Concello de Teo acollerá entre o 7 e o 9 de decembro a primeira edición de Titiriberia, todo un maratón de representacións e actividades cos monicreques tradicionais da Península como eixo. O Pericu catalán, os Roberto portugueses, o Don Cristóbal andaluz e, inevitablemente o Barriga Verde galego, danse cita nun programa que mestura entretemento e reflexión e que achega sete espectáculos, dez funciones e diferentes actividades sobre estes espectáculos populares.
http://www.titeresante.es/2016/12/titiriberia-festival-en-galicia-dedicado-a-los-titeres-tradicionales-ibericos/

O meu comentario:

Os monicreques. Esas simpáticas figuriñas que todos algunha vez seguramente viramos na nosa vida, que fan tanta graza a os nenos. E como non, en Galicia non é menos. Aquí, na terra galega, os monicreques teñen varios eventos dedicados a eles, os cales animan a poboación coas súas grazas e parvadas.  A min persoalmente fanme graza, parécenme uns bonecos a mar de graciosos moitas veces e paréceme todo un arte ao seu xeito o facer rir aos nenos ou xa non tan nenos con simples bonecos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario