martes, 21 de xaneiro de 2020

Muller

O 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e a nena na ciencia, e a iniciativa do mesmo nome, 11 de febreiro, quere axudar á  visibilización do traballo das profesionais de carreiras  STEM (acrónimo en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) mediante unha serie de iniciativas por toda España. Buscan tamén contribuír á creación de roles femininos e a lograr a igualdade de xénero nos ámbitos científicos.

Muller tiñas que ser! recolle unha selección dalgúns dos descubrimentos e as achegas científicas que un conxunto de mulleres realizaron á ciencia ao longo de diferentes épocas da historia.

A exposición inclúe un apartado sobre mulleres científicas invisibles que, sendo as autoras de descubrimentos ou sendo colaboradoras decisivas neles, foron ocultadas polas súas parellas, os libros de historia ou as institucións,
https://www.cultura.gal/es/evento/41006/161/45789

O meu comentario:

En veces agradecese ver o avance da sociedade. Xa non so existe o dia da muller que oxalá non teñamos que seguir celebrando este dia, dado que indica unha diferenza social entre ambos os sexos. Pero ver como a muller ten un oco tamén na nosa ciencia e de agrado a verdade, xa que como sempre, vemos que a xente recoñece, ou fai que recoñece al menos que, tanto homes como mulleres, temos o dereito e fixemos avances por esta sociedade, e este dia e o claro indicador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario