xoves, 9 de xaneiro de 2020

Ciencia

A investigadora Rita García Seoane, pertencente á agrupación Cretus da USC, presentou recentemente na súa tese de doutoramento unha nova proposta sobre a potencialidade das macroalgas para o seguimento e control da contaminación, alén de afondar na mellora e definición de novos métodos para a súa aplicabilidade. A análise das algas é unha técnica que vén empregándose dende hai máis de medio século para proporcionar unha estima realista do impacto de certos contaminantes no medio acuático. Porén, na actualidade aínda se detecta a carencia de protocolos estandarizados que describan como deberían aplicarse estas técnicas.
“Dado que a contaminación por metais, metaloides e nutrientes provoca unha degradación constante dos ecosistemas costeiros e mariños, a vixilancia e a avaliación da calidade do medio están a converterse nunha prioridade a nivel mundial, con medidas e estratexias lexislativas para mitigar o impacto da contaminación, así como protexer e conservar os ecosistemas”, sinala a bióloga. “A análise das algas proporciona unha estima realista do impacto deses contaminantes no medio acuático, pois moitos deles son persistentes e poden ser tóxicos e susceptibles de biomagnificarse nas cadeas tróficas” apunta.
Unha das principais razóns polas que as algas aínda non están incluídas en programas de monitoraxe ambiental é a falta de protocolos estandarizados que describan como deberían aplicarse estas técnicas. “Diferentes autores levan empregando unha ampla variedade de métodos, a inmensa maioría pouco consensuados e sen criterio científico”, explica García Seoane. Neste senso, o obxectivo primordial do estudo consistiu na realización dunha avaliación exhaustiva dos aspectos básicos da metodoloxía empregada nos estudos de monitoraxe de contaminantes utilizando macroalgas, a fin de fomentar o uso destes organismos en estudos extensivos regulados pola lexislación medioambiental vixente.



Traballo de campo da investigación. Foto: USC.
O meu comentario:
A pesar do que poida parecer, Galicia ten unha ampla base científica, tanto no referente as augas (como pode ser o contido e os estudos sobre esta) como no ámbito agrícola e de montaña. A xente quizais non este ao tanto das novas científicas tanto como poden estar ao tanto da política ou os deportes, pero aínda así, creo que isto e un gran desacerto por parte da comunidade. De todas formas, hai sitios aínda onde a ciencia e un dos principais puntos a tratar. Como se mencionou anteriormente, A Coruña conta con tres grandes museos científicos, o cal e de agrado ao pensar que non se perdeu del todo a vista da ciencia, aínda que non sexa completamente propia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario