venres, 10 de xaneiro de 2020

Divulgación

"Nos 90, o 62 % da poboación de máis de 15 anos aprendera a falar en galego. Esa porcentaxe caera 19 puntos no 2013, cun 43 % de habitantes co galego como lingua inicial. O que perdía o galego foino gañando o castelán. Hai hoxe un 30 % de galegos maiores de 15 anos que aprenderon a falar en castelán, cando hai 20 anos esa cifra era do 26 %. A resposta ambas a dan agora un de cada catro galegos. Nos 90 eran o 11 %. Se se ten en conta á poboación de entre 5 e 65 anos, xa hai máis persoas que teñen o castelán como lingua inicial (38 %) que o galego (34 %)."
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/09/29/datos-uso-gallego-castellano-demuestran-toni-canto-razon/0003_201809G29P6991.htm

O meu comentario:

A gráfica fala de por si. O galego parece estar nun declive no que se refire á súa fala común. O galego, lingua fermosa como poucas, creo que se debería coidar máis, non necesaria falala constantemente, pero normalizala xa que hoxe en dia o raro e escoitar a un mozo falar galego en vez de castelán.
Aínda así, existen varias organizacións que se dedican á, entre outras cousas, promover o galego, polo que aínda hai unha posibilidade de mellorar esta situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario